O vindeiro 10 de maio de 2024, nos arredores das instalacións do Colexio Abrente, celebraremos a xa máis que tradicional Carreira Escolar do Salnés.

Este ano como novidade terá un carácter solidario a favor da Fundación Aladina que presta axuda e apoio aos nenos e nenas con cancro así coma as súas familias con obxectivo de facer a vida un pouco máis fácil durante todo o proceso desta dura enfermidade.

Os participantes deberán aportar un mínimo de 1 € no momento da inscrición (a aportación terá carácter voluntario). Os colexio participantes entregarán a recadación o día da carreira, cando se recollan os dorsais, nun sobre pechado coa cantidade aportada escrita no exterior.

O número de participantes limitarémolo a 1000, polo que terán preferencia os colexios que participan no programa Xogade en calquera das súas modalidades.

Para facer efectiva a participación deberán pedir unha clave no teléfono do colexio (986723494) e facer posteriormente a inscrición na páxina web www.carreiraescolardosalnes.com con data límite o luns 06 de maio de 2024 as 24:00 hs.

Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os participantes.

O transporte será facilitado pola organización.

 

Datos da carreira:
Data celebración: Venres 10 de Maio de 2024
Data límite inscrición: 06/05/2024 ás 24:00 horas
Hora inicio: 11’00 hs.
Entrega dorsais: de 9’00 ata as 10’30 hs.
Premios:
Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Medallas para os primeiros de cada categoría.
Refrescos e pasteliños para todos os participantes.

 

Regulamento, e versión descargable para imprimir
Ler máis...
Percorrido en google maps para visualizar
Ler máis...
Inscripción inidividual, NON inscribir colexios dende este apartado
Ler máis...
Inscripción de grupos e colexios, e necesario solicitar un código ao centro.
Ler máis...